O director de fútbol do Celta, Marco Garcés, asegurou este mércores que durante o recente mercado invernal de fichaxes recibiron “moitas ofertas” por xogadores que son “pezas importantes” no equipo de Claudio Giráldez.
“Houbo moitas ofertas por moitos dos nosos xogadores, e conseguimos mantelos aquí para aumentar a competitividade do plantel. As ofertas eran por pizas importantes do equipo. incluso onte, co mercado español pechado, recibíronse algunhas ofertas”, explicou.
Ao longo da súa comparecencia fronte aos xornalistas, o dirixente mexicano recoñeceu que os derradeiros días foron moi intensos en A Sede. “Houbo bombazos do derradeiro día que puidemos esquivar. A de Bryan Zaragoza non foi do último día, pero foi próximo e era o mellor para tódalas partes“, declarou Garcés, quen, ademais, revelou que a saída do centrocampista Fran Beltrán sucedeu por petición do futbolista tras recibir unha oferta do Girona.
“O de Beltrán sorprendeunos porque non pensabamos que iso fose suceder, contabamos con el. O 17 de xaneiro informounos que quería partir, que tiña unha boa oportunidade do Girona. Nun par de días resolveuse a situación. O seu traspaso axudounos a resolver o tema da amortización pendente, ademais de liberar masa salarial”, expuxo.
Garcés tamén avalou a chegada do internacional uruguaio Matías Vecino, que “brinda moitas cousas” que o equipo baixo a súa perspectiva precisaba, e desvelou que o lateral Álvaro Núñez renunciou “a moitos cartos” por xogar en Balaídos tras brillar no Elche.

