Martes, Febreiro 3, 2026
HomeActualidadeDeportesO Celta pecha o mercado invernal coa incorporación de Álvaro Núñez

O Celta pecha o mercado invernal coa incorporación de Álvaro Núñez

O lateral vasco de 25 anos asina cos vigueses ata xuño de 2030

As derradeiras horas do mercado foron axitadas na rúa Príncipe. Ademais da chegada do uruguaio Matías Vecino o Celta de Vigo anunciou na noite de onte a fichaxe do lateral dereito Álvaro Núñez. O xogador vasco procedente do Elche asina por catro tempadas e media cos celestes, ata xuño de 2030, e chega a cambio dun aboamento de millón e medio de euros.

Unha chegada anticipada, dadas as intencións iniciais do Celta de contratar a Álvaro Núñez para o próximo verán. Finalmente, os vigueses completaron este movemento nas derradeiras horas do mercado, anticipándose a outros clubes interesados no lateral. A través desa inversión desbotan a posibilidade dunha renovación automática por partidos do xogador co Elche e asegúranse un efectivo máis para os carrís e á defensa, aínda coa incógnita do futuro de Óscar Mingueza por resolver.

No tocante ao Claudio Giráldez e o deportivo, este reforzo servirá para completar e dar variantes a numerosas demarcacións dentro do equipo, malia que probablemente o seu impacto non sexa imediato. Álvaro chega a Vigo con remanencias dunha pubalxia que impediu a súa participación nas últimas xornadas co Elche. Lesión que impedirá que esté en plenas condicións para xogar no curto prazo.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS