Trala sorprendente saída de Bryan Zaragoza, o Celta de Vigo reacciona nas derradeiras horas do mercado coa contratación do uruguaio Matías Vecino. Contrastado mediocentro de 34 anos da Lazio, con ampla experiencia coa selección nacional e en diferentes clubes da Serie A italiana. Un perfil requerido polo adestrador Claudio Giráldez despois das saídas de Fran Beltrán e Damián Rodríguez neste mesmo mercado de fichaxes.
Vecino asinará co Celta por temporada e media tras obter a carta de liberdade e desvincularse da Lazio, equipo para o que non estaba a contar na presente campaña. Un reforzo, polo tanto, que so implicará custos para os vigueses en concepto de salario. O xogador atópase viaxando a estas horas a Vigo e agárdase que ao longo desta tarde cumpra co recoñecemento médico e asine o contrato que o vinculará cos celestes ata xuño de 2027.

