Venres, Xaneiro 23, 2026
HomeNewsActualidadeProhibida a circulación de camións nas principais estradas da provincia de Ourense

Prohibida a circulación de camións nas principais estradas da provincia de Ourense

neve e o temporal condiciona a circulación nas estradas galegas nesta xornada. En concreto, as estradas afectadas son a A-6 e a LU-633 en Pedrafita, a PO-534 en Forcarei, a PO-533 e a AG-53 en Dozón e a A-52 en A Canda (Ourense).

Os camións e vehículos pesados teñen prohibida a circulación e atópanse concentrados na área de servizo de Riós, no km 145 da A-52. As estradas que teñen o acceso limitado aos camións son: toda a A-52 en Ourense, na A6 e AP6 entre Vilalba e Benavente, na N-541 dende Barbantes a Cerdedo, na AP-53 dende Vedra a dozón, na AG-53 dende Dozón a Ourense, na N-525 ao completo, na N-649 de Monterroso á Estrada e na N-120 dende Burgos a Ponteareas.

En total, calcúlanse uns 440 camións e vehículos de gran tonelaxe que circulaban cara a Galciia a través da Autovía das Rías Baixas A-52.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS