Xoves, Xaneiro 22, 2026
HomeActualidadeDeportesO Balonmán Porriño súbese de novo ao carro do trunfo

O Balonmán Porriño súbese de novo ao carro do trunfo

O equipo do Louro impúxose grazas á súa persistencia ao Beti Onak nunha igualada desputa

O Conservas Orbe Zendal Porriño venceu onte á noite na súa pista un importante partido fronte ao Beti Onak. Un duelo de esixencias e de necesidades para as locais, que sumaban dúas xornadas sen coñecer a victoria na Liga Iberdrola. O equipo de Isma Martínez presentábase coa esperanza de recuperar a quinta praza da táboa tras deixarse puntos na súa visita ao colista Ciudad de Arrecife o pasado sábado.

Nun comezo, o encontro tivo cores verdinegras. As do Louro dubidaron, non foron resolutivas e cederon na defensa. Ao descanso caían por catro puntos fronte ás vascas (11-15). Tralo descanso, o Porriño reaccionou de xeito imediato. Con acenos diferentes, verticais e decididas, saldaron a renda negativa. Foron quen de manterse firmes no marcador grazas ao oficio defensivo nos momentos de fraqueza. E a través da determinación de Aitana Santomé (4 anotacións) e dun tanto desde os sete metros de Paulina Buforn certificaron a remonta e apoderáronse dos tres puntos (23-22) nos estertores do encontro.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS