miércoles, enero 21, 2026
InicioNewsVerín adhírese ao programa da Xunta para a construción de 15 vivendas...

Verín adhírese ao programa da Xunta para a construción de 15 vivendas protexidas

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinou esta tarde co alcalde de Verín, Gerardo Seoane, o convenio enmarcado no Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida neste municipio. Na sinatura tamén estiveron presentes o secretario xeral técnica da Consellería, Yago Borrajo; e a directora territorial en Ourense, Pilar Fernández León.

A través deste convenio, a Xunta pon a disposición do Concello de Verín esta nova ferramenta que lle outorga apoio técnico para ofertar, mediante concurso público, unha parcela de 1.091 m², situada na avenida de Castilla, para a construción dun edificio de baixo máis tres plantas, con arredor de 15 vivendas.

A Xunta sacará a concurso público en réxime de libre concorrencia esta parcela de titularidade municipal para a construción de fogares protexidos que poderían ser tanto en réxime de alugueiro como de venda. Ademais, deste xeito, facilitarase a información aos promotores, cooperativas e á cidadanía, en xeral, sobre os solos dispoñibles.

O IGVS tamén se encargará da publicación do solo dispoñible, a redacción dos pregos de bases, os anuncios de licitación, a mesa de contratación e a valoración técnica das ofertas, de maneira que os concellos unicamente terán que remitir a información sobre as parcelas a adxudicar e ditar a resolución de adxudicación, ademais de participar na mesa de contratación.

O Goberno galego segue sumando colaboración con máis concellos, tras os rubricados cos municipios das Pontes, A Arnoia, Friol, Valdoviño, O Valadouro e Ordes.

Este novo programa está a suscitar o interese de máis administracións locais, «coas que a Xunta xa se están a manter contactos, e a conselleira recordou que o prazo par adherirse a este programa permanecerá aberto indefinidamente», segundo indican desde a administración autonómica.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS