O ministro de Transportes, Óscar Puente, vén de confirmar que a investigación atopou «marcas» nos vagóns dos primeiros cinco vagóns do tren Iryo, accidentado en Adamuz, que non saíron da vía; e asegurou que «se está analizando se os dous ou tres trens que pasaron anteriormente pola zona teñen marcas similares».
O ministro informou que agora é a quenda de investigar a causa de que se produciron esas marcas. e asegurou que «neste momento non é posible establecer unha conclusión»
Ademais, nesta última conferencia, precisou que o impacto dos vagóns descarrilados co Alvia que ía en dirección Huelva produciuse en menos de 9 segundos e non en 20, como se publicou inicialmente.
Sobre os traballos que se están realizando no terreo do accidente, Puente afirmou que se «levantaron xa unha parte dos coches do Alvia sinistrados, sen que aparecese ningunha vítima máis das 42 contabilizadas ata o de agora, aínda que as denuncias por desaparición ascenden a 43».

