miércoles, enero 21, 2026
InicioNewsActualidadeBenvida oficial para os sete bebés nados en Covelo durante o 2025

Benvida oficial para os sete bebés nados en Covelo durante o 2025

O Concello de Covelo vén de dar a benvida oficial aos sete bebés nados en Covelo ao longo do ano 2025, nun acto celebrado na Casa do Concello.

Durante o encontro, as familias recibiron como agasallo unha cesta con artigos para o coidado dos bebés, así como unha camiseta personalizada de benvida, un detalle simbólico co que o Concello busca «acompañar os primeiros meses de vida das nenas e nenos, así como amosar o seu compromiso co apoio ás familias e á natalidade no rural».

Durante o evento, o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, recordou que «o orzamento municipal conta cunha axuda á natalidade de 500 euros, destinada ás nais e pais con fillas ou fillos nados ou adoptados no municipio».

Do mesmo xeito, tamén existe unha liña de axudas para libros de texto e material escolar, dirixida ao alumnado de Educación Infantil do CEIP Antonio Blanco, cun importe de ata 100 euros por alumno, ampliable a 125 euros en familias numerosas ou con discapacidade.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS