O Hoquei Club Ponteareas recuperou o sorriso e o aire neste mes de xaneiro. Esta fin de semana, a equipa dirixida por José Carlos Álvarez colleitou a súa terceira victoria na tempada 25/26. Un contundente 5-1 fronte ao Pantinalón que permite fuxir momentáneamente ás do Condado dos postos de descenso e ubicarse coma undécimas con 10 puntos na táboa da OK Liga Plata Femenina. Os goles das locais foron anotados por Rocío Ortega (2), Aldara Pérez (2) e Guadalupe Donoso (1).
Con esta victoria, o equipo mantén a súa condición de invicto no 2026. Ademais, inicia unha xeira de trunfos consecutivos tras lograr impoñerse tamén no seu primeiro enfrontamento do ano. A visita ao Resa Cambre galego, colista da categoría, que se saldou cun 3-6 en beneficio das pontareanas.

