lunes, enero 19, 2026
InicioNewsActualidadeCiclo de cine de inverno: Sete filmes para gozar as fins de...

Ciclo de cine de inverno: Sete filmes para gozar as fins de semana en Salvaterra de Miño

A Concellería de Cultura de Salvaterra de Miño vén de presentar a sexta edición do Ciclo Cine de Inverno, que se celebrará durante o mes de febreiro na vila do Miño.

Ao igual que en anteriores edicións, o ciclo é totalmente gratuíto. As películas serán proxectadas os sábados ás 22 horas para o público adulto; e os domingos ás 17:30 horas para o público infantil.

O obxectivo, din dende o Concello, é «achegar durante un mes unha alternativa de ocio cinematográfico para pasar as noites do sábado e as tardes do domingo».

O ciclo comezará o 7 de febreiro, coas proxeccións de Cónclave e Robot Salvaje, e rematará o 1 de marzo.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS