Sábado, Marzo 7, 2026
HomeNewsSucesosUn accidente de tren en Andalucía xa suma 41 mortos

Un accidente de tren en Andalucía xa suma 41 mortos

(Información actualizada as 10:50 20/01/2026) Según diversas fontes, hai máis de 152 feridos, 24 graves

Al menos 41 personas han fallecido y más de 152 han resultado heridas, 43 de ellas hospitalizadas (9 de ellas en estado grave), en el accidente ferroviario registrado este domingo en el municipio de Adamuz, en la provincia de Córdoba, según confirmó la Guardia Civil. El accidente se produjo tras el descarrilamiento de dos trenes de alta velocidad, que provocó la colisión entre ellos y el desprendimiento de varios vagones .

Un dos falecidos é o maquinista do segundo tren implicado. Ademais, varias persoas permaneceron horas atrapadas no interior dos vagóns, algunhas con prognóstico grave, mentres os equipos de emerxencia continuaron traballando sen descanso nas tarefas de rescate e evacuación.

O tren afectado da compañía Iryo é o convoi 6189, que cubría o traxecto Málaga–Madrid. Segundo informou a propia empresa nun comunicado, o servizo partira de Málaga ás 18:40 horas e no momento do accidente viaxaban a bordo arredor de 300 persoas. Os feitos producíronse apenas dez minutos despois de iniciar a marcha, nos desvíos de entrada á vía 1 de Adamuz.

Segundo a información facilitada por InfoAdif a través da rede social X, o vagón 6 do tren de Iryo descarrilou e invadiu a vía contigua, pola que circulaba nese momento un tren Alvia que realizaba o percorrido Madrid Atocha–Huelva. Este segundo convoi tamén descarrilou, resultando especialmente afectados os vagóns 7 e 8.

Como consecuencia do sinistro, a circulación ferroviaria entre Madrid e Andalucía permanece suspendida. Os trens que operaban na liña de alta velocidade entre Sevilla e Madrid están sendo redirixidos ás súas estacións de orixe.

Foron os propios pasaxeiros os que deron a voz de alarma ao advertir da existencia de persoas feridas e atrapadas, o que motivou o despregamento inmediato dun amplo dispositivo de emerxencias. Ata o lugar desprazáronse bombeiros, Garda Civil, Policía Local e servizos sanitarios, que seguen traballando sobre o terreo para atender ás vítimas e esclarecer as causas do accidente.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS