lunes, enero 19, 2026
InicioNewsActualidadeMáis de 500 persoas formaronse na provincia de Ourense para a súa...

Máis de 500 persoas formaronse na provincia de Ourense para a súa inserción laboral nos últimos obradoiros de emprego

José González destacou o investimento de preto de 430.000 euros da Xunta para a iniciativa ‘Carbosam 2024’,

Máis de 500 persoas formaronse na provincia de Ourense para a súa inserción laboral nos últimos obradoiros de emprego, segundo explicou o conselleiro de Emprego José González.

O responsable desta consellería destacou o investimento de preto de 430.000 euros da Xunta para a iniciativa ‘Carbosam 2024’, promovida polo Carballiño xunto con Maside e Boborás, e un dos 27 obradoiros celebrados na provincia ao abeiro da pasada convocatoria

Ao longo de nove meses de duración, as 20 persoas participantes combinaron formación e emprego mediante actuacións de rehabilitación e posta en valor de lavadoiros, fontes e espazos públicos nos tres concellos implicados

O conselleiro salientou que estes programas, ademais de mellorar a cualificación profesional, teñen un destacado impacto social e comunitario ao contribuír ao benestar da veciñanza e á mellora das contornas locais

A convocatoria de obradoiros duais de emprego deste ano, actualmente en fase de resolución, incrementa o seu orzamento ata os 48,1 millóns de euros, reforza a formación práctica e introduce medidas para mellorar a empregabilidade

Así, destínanse 20 millóns de euros a obradoiros vinculados aos ámbitos agrario e de seguridade e medio ambiente, ao tempo que se reforzan os incentivos á contratación tanto para empresas e, como novidade, tamén para os concellos

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS