O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras manter hoxe un encontro co seu homólogo na Rioja, Gonzalo Capellán, volveu rexeitar a proposta de modelo de financiamento autonómico feita polo Goberno central xa que rompe a solidariedade e a igualdade entre as comunidades.
“No caso de Galicia, somos aproximadamente algo máis do 6,5% da poboación axustada de España e na nova repartición non chegariamos nin ao 3% dos recursos, por tanto todo o mundo entenderá que isto non o podemos aceptar”, explica
Alfonso Rueda destaca que “máis da metade, o 55% dos recursos a maiores que se poñen no novo modelo, correspóndenlle a unha soa comunidade autónoma que, casualmente é a que negociou co Goberno”
Pon en valor os acordos aos que se chegou na Declaración asinada hai 5 anos, que defendían un modelo equitativo e que aposte por uns servizos públicos da mesma calidade en todo o territorio, ao tempo que teña en conta a perspectiva demográfica
Insiste na necesidade de “sentarse conxuntamente e estar o tempo que faga falta ata que cheguemos a un modelo que nos sirva a todos”

