O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo senllas reunións coa alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e co alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Política Social, Igualdade, Diversidade Educación e Traballo e presidenta da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes, Susana García.
En ambos os encontros abordáronse as principais necesidades dos municipios e avaliáronse posibles vías de colaboración no marco do compromiso da Xunta coas entidades locais.

