miércoles, enero 14, 2026
InicioNewsActualidadeTui acolle este mes a XI Mostra da Camelia

Tui acolle este mes a XI Mostra da Camelia

Os vindeiros días 17 e 18 de xaneiro, o Claustro da Catedral Santa María de tui acollerá a XI Mostra da Camelia. En total, 75 expositores de toda Galicia, Asturias e Portugal exporán as súas variedades.

O acto inaugural terá lugar ás 13 horas do sábado 17 e contará coa actuación do grupo Asotraxe. Ademais, ese mesmo día, ás 17 horas o Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela acollerá unha charla degustación do Té Areeiro.

A apertura ao público do Claustro, terá lugar o sábado 17 de 16:30 a 20:30 horas e o domingo 18 en horario de 10 a 14 hora e de 16:30 a 20 horas.

A maiores, o domingo terá lugar o pasarrúas da Rondalla de Pexegueiro que dará comezo ás 17:30 horas e rematará na Praza de San Fernando.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS