sábado, enero 10, 2026
InicioNewsComarcasOs bombeiros axudan a saír a tres persoas dun autobús escolar despois...

Os bombeiros axudan a saír a tres persoas dun autobús escolar despois de colisionar contra un vehículo nas Neves

Os bombeiros axudan a saír a tres persoas dun autobús escolar despois de colisionar contra un vehículo no municipio pontevedrés das Neves. Tal e como informa o 112 Galicia, o accidente aconteceu ao redor das 9:00 horas, momento no que o condutor do bus contactou con Emerxencias. Durante a chamada, explicou que chocara contra un vehículo nunha ponte, de maneira que non daban saído ao exterior, pois non abría a porta. Ademais, indicou que eran dous adultos e un neno, os cales resultaron ilesos, e que o accidente foi no quilómetro 0,5 da PO-415.

Con lestes datos, os xestores do 112 Galicia avisaron aos Bombeiros de Ponteareas e á Garda Civil de Tráfico. Tamén tivo coñecemento do sucedido o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Un alertador desde o turismo implicado indicou que había unha persoa con molestias.

A dotación de bombeiros empregou dúas escaleiras para que os ocupantes do autobús puidesen saír ao exterior pola parte de arriba do vehículo. Con todo, no turismo finalmente contabilizáronse un total de tres feridos, aínda que non graves, que foron trasladados polo persoal sanitario ata o hospital de referencia.

Segundo a última actualización do boletín do 112 Galicia, os bombeiros tiveron que empregar material de excarceración para liberar ao condutor do turismo, o ferido de maior gravidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS