lunes, diciembre 29, 2025
InicioNewsGalicia mantén as bonificacións e conxela as peaxes das autoestradas autonómicas para...

Galicia mantén as bonificacións e conxela as peaxes das autoestradas autonómicas para o ano 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Executivo autonómico vai renovar o convenio coa concesionaria Autoestradas de Galicia para manter as bonificacións actuais das peaxes na autoestrada A Coruña-Carballo (AG-55) e na do Val Miñor (AG-57) e “conxelar as súas peaxes” para o vindeiro ano 2026.

A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, destina un orzamento de 6,3 M€ para seguir aplicando as bonificacións existentes e a limitación do IPC. O Goberno galego compensa así a sociedade concesionaria polo diferencial que se xera entre as peaxes que se aplicarán en 2026 e as tarifas contractuais. É dicir, “a suba do IPC será asumida polas arcas autonómicas”, indicou Rueda.

O obxectivo é estender ao ano 2026 a limitación tarifaria para que as peaxes non experimenten a suba que derivaría da aplicación da normativa contractual (Decreto 100/2008, do 17 de abril, da Xunta de Galicia). “Os case 30.000 usuarios diarios destas vías pagarán o mesmo que viñan facendo ata agora”, indicou.

O Goberno galego permite con esta medida que as tarifas base para o cálculo das peaxes do ano vindeiro non se actualicen respecto das vixentes en 2025, polo que resultarán para as persoas usuarias as mesmas peaxes que ata agora.

Bonificacións

A addenda ao convenio aprobado hoxe no Consello da Xunta tamén favorecerá a continuidade da aplicación das distintas liñas de bonificacións impulsadas pola Xunta nas autoestradas autonómicas, o que permitirá segundo resaltou Rueda “que sigan sendo das máis baratas de toda España”.

O Goberno galego ampliou no ano 2021 o desconto do 25 % da volta, así como do 50 % na segunda volta, a aquelas persoas usuarias recorrentes ata as 24 horas posteriores á realización da viaxe de ida.

Con esa modificación, estendeuse ás 24 horas despois do traxecto de ida o desconto do 25 % da viaxe de volta e o do 50 % na segunda viaxe de volta. Reforzouse así o anterior período de bonificación, que establecía que a volta debía realizarse no mesmo día natural que a ida, polo que se favorecen as persoas que se desprazan por estas vías para acceder aos servizos públicos ou ao seu lugar de traballo.

Tamén proseguirá en vigor a bonificación ás familias numerosas nas estradas autonómicas, polo que se lle descontará a este colectivo o 100 % da viaxe de volta.

Estes descontos son compatibles con outras bonificacións en funcionamento, como a rebaixa do 50 % en horario nocturno.

Tal e como explicou o presidente, a conxelación das peaxes e o mantemento das bonificacións permitirá que usuario habitual da autoestrada Vigo-Baiona aforre “uns 260 euros ao ano”, cifra que sube a algo máis de 390 € no caso do traxecto A Coruña- Carballo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS