lunes, diciembre 1, 2025
InicioNewsComarcasEsta é a programación do Nadal en Ponteareas: Festa de pre fin...

Esta é a programación do Nadal en Ponteareas: Festa de pre fin de ano, videomapping, mercado e tren

Concello de Ponteareas vén de presentar a súa ampla programación de Nadal, unha proposta pensada para todos os públicos que combina tradición, música, cultura, obradoiros e eventos novidosos para dinamizar as rúas e gozar en familia destas datas.

A alcaldesa, Nava Castro, destacou que «Ponteareas aposta este ano por un Nadal vivo e ilusionante, con actividades pensadas para a participación de toda a cidadanía. Queremos que as nosas rúas se enchan de vida e que veciños, veciñas e visitantes desfruten dunha programación feita con moita dedicación».

Pola súa banda, o tenente de alcaldesa, Juan Carlos González Carrera, subliñou que «a programación deste Nadal combina tradición e novidade, con propostas culturais, familiares e de lecer que reflicten a identidade de Ponteareas. Animamos a toda a veciñanza a participar e facer deste Nadal un punto de encontro para todos, especialmente áos nenos e nenas».

Salienta o tenente de alcaldesa e concelleiro de Cultura que a programación de Nadal ofrece unha ampla oferta de espectáculos e actividades para público infantil, momentos nos que as familias poden facer as súas compras mentres as e os cativos aprenden e se divirten nos obradoiros de adornos, nos de maquillaxe ou no de chapas, no musical infantil e xuvenil, contacontos, maxia ou o espectáculo con pompas de xabrón cos Fabulosos Cleaners. 

Acendido oficial das luces 

O Nadal arrancará oficialmente este venres 5 de decembro ás 19:00 horas na Praza de Bugallal co tradicional acendido das luces, acompañando a xa colocada iluminación especial que este ano renovou varios espazos da vila. O acto contará con música, animación e actividades pensadas para dar a benvida ao ambiente festivo.

Principais actividades do Nadal ponteareán

Ao longo das próximas semanas, Ponteareas acollerá unha ampla variedade de eventos culturais e tradicionais e tamén de iniciativas pioneiras como a entrega de premios Menina Sarmiento, un recoñecemento aos valores culturais e sociais das e dos ponteareáns. 

O domingo día 14 de decembro terá lugar o  Encontro de Panxoliñas, coa participación de agrupacións locais e comarcais que este ano se traslada á igrexa parroquial de San Miguel e que se desenvolverá en dous días distintos.

O Encontro de Corais no que intervirán formacións de distintas procedencias erá o sábado día 20 e o domingo 21 a Papanoelada moteira encherá as rúas de cor, música e solidariedade visitando tamén as parroquias.

Outra das novidades do programa é o concerto do libro “Proxecto Soutullo, os gaiteiros de Ponteareas anteriores a 1950”, unha actividade que pon en valor o patrimonio musical ponteareán e que reafirma a aposta do goberno local pola difusión e fortalecemento das señas de identidade. Este mesmo domingo día 21 será a  recepción de Papá Noel, para que os máis pequenos poidan entregarlle as súas cartas será ás 18:00 h con chocolatada e actuación da Wilson’s Band.

O Concello manterá unha das propostas máis exitosa do nadal anterior, o Videomapping de Nadal estará na fachada do Concello do 22 decembro ao 5 xaneiro.

O sábado 27 despedirase simbólicamente o ano 2025 coa Festa pre Fin de Ano, unha proposta lúdica e familiar e o domingo 28 será o tradicional Rancho de Reis, mantendo viva unha das tradicións máis arraigadas do municipio.

A presentación do calendario municipal 2025, con imaxes e contidos sobre a identidade local será o día 30 de decembro e xa o 3 e 4 de xaneiro os os Reis Magos visitarán as parroquias, achegando a ilusión a todos os fogares para chegar ao centro urbano o 5 de xaneiro cando tamén se celebrará a recepción oficial dos Reis Magos á súa chegada despois do desfile polas rúas de Ponteareas.

Tradición

O Concello destaca que esta programación combina actividades tradicionais como o Rancho de Reis, o encontro de corais ou as panxoliñas con propostas renovadas, obradoiros e iniciativas novidosas para dinamizar a vila e ofrecer alternativas para todos os públicos.

PROGRAMA

Venres 5

  • 19:00 h – Acendido de luces con animación e chocolatada. Praza de Bugallal.

Sábado 6 – Luns 15

Inclúe a Exposición da Camelia, actuacións, obradoiros e charla-cata:

  • Inauguración da exposición, actuación de pandereteiras, obradoiro e charla-cata do té da Camelia.
  • Actuacións da Rondalla e programación infantil.

Venres 12

  • Obradoiro infantil de adornos.
  • Concerto do Coro Gospel “Singing with Soul”.

Sábado 13

  • Obradoiro infantil de adornos.
  • Premios Menina Sarmiento – Ponteareáns/as distinguidos/as do ano (19:00h).

Domingo 14

  • Musical infantil “Las Diosas del K-Pop” (12:00 e 17:00 h).
  • Encontro de panxoliñas (17:00h).
    Un dos encontros tradicionais destacados.
  • Charla de apicultura.
  • Actuación da Rondalla de Pontellas.

Do 15 ao 19 de decembro

  • Actuacións musicais do alumnado do Conservatorio.
  • Contacontos e obradoiros infantís.
  • Festival de Nadal do grao profesional do Conservatorio.
  • Concerto de Nadal da Escola Vila do Corpus e do grao elemental.

Sábado 20

  • Obradoiro infantil de adornos.
  • Encontro de panxoliñas (17:00 h), con novas agrupacións.
  • Gala de Nadal de patinaxe.
  • Concerto sinfónico da Banda de Guláns.
    Evento destacado pola súa relevancia cultural.

Domingo 21

  • Festival solidario de danza.
  • Presentación do Club Baloncesto Condado.
  • Papanoelada moteira (16:00h).
    Un dos eventos máis novidosos e participativos.
  • Recepción de Papá Noel (18:00 h). Con chocolatada e actuación da Wilson’s Band.
  • Concerto e presentación do libro “Proxecto Luis Soutullo: os gaiteiros e bandas de Ponteareas anteriores a 1950”, que pon en valor o patrimonio musical local.
    Outro dos grandes eventos culturais do Nadal.

22 e 23 de decembro

  • Contacontos infantil.
  • Maxia e espectáculo familiar.

Sábado 27 e Domingo 28

  • Torneo de Fútbol Sala de San Andrés de Xinzo (todo o fin de semana).

Sábado 27

  • Festa Pre-Fin de Ano Infantil (17:00 h).
  • Concerto e presentación do libro Proxecto Soutullo.
  • Festa Pre-Fin de Ano 2025 coa orquestra Kubo (22:00 h).

Domingo 28

  • Pasarrúas e Encontro de Ranchos de Reis (17:30 h e 18:00 h).
    Un dos grandes eventos tradicionais do Nadal ponteareán.

Martes 30

  • Obradoiro de maquillaxe (17:00 h).
  • Presentación do Calendario de Ponteareas 2026 (18:30 h).
    Outro dos actos destacados da programación.

Xaneiro

Venres 2

  • Espectáculo “Fabulosos Cleaners”.

Sábado 3 e Domingo 4

  • Visita dos Reis Magos ás parroquias.
    Un dos actos máis esperados polos nenos e nenas.

Sábado 3

  • Torneo Solidario de Bádminton.

Domingo 4

  • Actuación da Rondalla A Mercé de Chaín.

Luns 5

  • Recepción aos Reis Magos (12:00 h).
  • Cabalgata de Reis (18:00 h) coa Rondalla de Valladares.
  • Recepción final dos Reis Magos ao rematar o desfile.
    Punto culminante da programación.

Actividades permanentes

  • Mercado de Nadal na Praza de Abastos (12–24 decembro).
  • Tren de Nadal pola vila e parroquias (22–27 decembro).
  • Videomapping de Nadal na fachada do Concello (22 decembro – 5 xaneiro).
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS