viernes, diciembre 26, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioNewsO PaísDescarrila un tren de mercadorías baleiro en Lalín cun ferido leve

Descarrila un tren de mercadorías baleiro en Lalín cun ferido leve

O único ferido leve foi o conductor. Un desprendemento sobre a vía da ruta Ourense-Santiago motiva que a locomotora envorcase.

O tren era de mercadorías non perigosas pero ademais circulaba baleiro.

O sinistro tivo lugar ás 9.15 horas deste martes.

O tren descarrilou tras atoparse cun derrubamento sobre a vía e colisionou co piar dunha ponte que circula por enriba da vía.

A locomotora e varios vagóns quedaron envorcados lateralmente.

O maquinista saiu coa axuda dos bombeiros de Silleda pero non foi precisa a excarcelación.

O accidente ferroviario produciuse á altura do quilómetro 7 da PO-902.

O maquinista sufriu un golpe na cabeza a consecuencia do accidente pero no hospital fixéronlle probas e a ferida non reviste gravidade.

No operativo de emerxencias participou Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, os bombeiros de Silleda, o GES de Lalín, a Policía Local e os membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Lalín e o persoal de Emerxencias de Adif.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS