jueves, noviembre 6, 2025
InicioNewsActualidadePonteareas pon fin ás deficiencias no subsolo da Avenida de Galicia e...

Ponteareas pon fin ás deficiencias no subsolo da Avenida de Galicia e rúa Rosalía de Castro

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Ponteareas vén de acometer unhas obras urxentes de reparación no subsolo da avenida de Galicia e da rúa Rosalía de Castro, unha das vías máis céntricas e transitadas do municipio, que serve ademais de acceso ás estradas das Neves e Salvaterra.

As deficiencias nas canalizacións soterradas provocaban continuos afundimentos do firme, con fochancas profundas que dificultaban o tránsito de vehículos e peóns. Ademais, os problemas nas tubaxes ocasionaban atascos e filtracións nos baixos das edificacións próximas, especialmente en episodios de choiva intensa.

O Concello de Ponteareas asumiu agora a reparación integral das deficiencias no subsolo, substituíndo e reparando as canalizacións en mal estado e procedendo posteriormente á reposición do asfaltado.

Grazas a esta intervención, a rúa Rosalía de Castro xa non presenta inundacións nos baixos dos edificios, poñendo así fin a unha situación que a veciñanza viña padecendo dende hai anos. Ademais, a actuación mellora a seguridade viaria e facilita o tránsito de vehículos nunha das principais arterias do centro urbano.

A alcaldesa Nava Castro insiste na necesidade de executar obras “pensadas, ben planificadas e sempre supervisadas” deseñadas cunha visión integral para facer unha xestión pública eficaz e o máis eficiente posible.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS