Ponteareas en Común celebra dous anos na Corporación municipal do Concello de Ponteareas cun acto público co obxectivo de facer balance da metade da lexislatura.
A xornada terá lugar este sábado, 8 de novembro, ás 19 horas na nova sede do partido, xunto á vinoteca Casa Rivero.
Durante o acto, valoraranse os «dous anos de oposición firma, constructiva e valente, poñendo enriba da mesa os temas que outros prefiren esconder», valoran dende a formación.

