jueves, octubre 9, 2025
InicioNewsActualidadeMáis de 50 persoas entran no concello de Ponteareas para reclamar unha...

Máis de 50 persoas entran no concello de Ponteareas para reclamar unha «solución xa» para o SAF

Máis de 50 persoas sumáronse este xoves ás protestas das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Ponteareas, que levan case dúas semanas en folga indefinida, co fin de reivindicar unhas condicións de traballo «óptimas».

Durante a manifestación de hoxe, celebrada fronte á Casa Consistorial de Ponteareas de 12 a 13h, as traballadoras e as persoas que se sumaron á iniciativa en mostra de apoio, accederon no interior da Casa do Concello ao berro de «Nava, escoita, o SAF está en loita».

As traballadoras explican ademais que, algúns concelleiros do goberno local, non se dirixiron a elas en ningún momento durante a xornada de manifestación, como é o caso dos concelleiros Cristian Montes, Nico Rodríguez e o tenente de alcaldesa, Juan Carlos González Carrera.

A voceira das traballadoras da CIG, Mercedes Domínguez, informou a Si Radio de Galicia que «a folga tan só se deterá cando sepamos que Óbolo, empresa concesionaria do servizo, está fora» e engade que «o pleno extraordinario do martes, que leva como único punto do día a problemática co SAF, non servirá de nada xa que non contempla que Óbolo se vaia fora antes do 31 de decembro».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS