jueves, octubre 9, 2025
InicioNewsActualidadeDesactivan un artefacto na sucursal de ABANCA en Crecente

Desactivan un artefacto na sucursal de ABANCA en Crecente

A Garda Civil recibiu esta mañá un aviso da presenza dun artefacto explosivo, realizado cunha bombona de butano e uns cables, no caixeiro da sucursal da entidade bancaria ABANCA, ubicada na rúa Mon y Landa de Crecente.

Segundo explica o alcalde do municipio, Julio García Luengo, «os feitos producíronse sobre as 6 da mañá, cando un veciño da rúa García Neira, alertou da existencia de tal artefacto e de dúas persoas no caixeiro». Os artifices escaparon do lugar ao decatarse da presenza de persoas observando.

Ata o lugar, desprazáronse os TEDAX, Técnicos Especialistas en Desactivación de Artefactos Explosivos, que se encargaron de neutralizar o dispositivo.

Por sorte, non houbo que lamentar danos persoais nin materiais. Debido á cantidade de gas, prohibiuse o acceso nesa rúa ata as 10 horas da mañá. Polo de agora, a oficina bancaria continúa pechada ao público.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS