A exconcelleira do Partido Popular do Concello de Ponteareas, Isabel González, faleceu onte, domingo 28 de setembro, aos 49 anos de idade.
A exedil será velada no tanatorio de Pompas Fúnebres do Condado, na sala número 4. O funeral terá lugar ás 17:00 horas deste luns 29 de setembro na Igrexa Parroquias de Ponteareas.
Posteriormente, o corpo será trasladado ao cemiterio municipal de Ponteareas.
Isabel González ocupouse da área económica durante o goberno municipal do ex alcalde do Partido Popular, Salvador Solla. Deixou de formar parte das listas coa entrada da ex líder dos populares de Ponteareas, Belén Villar.