A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello lucense de Barreiros, parroquia de San Xusto de Cabarcos, quedou estabilizado ás 10.29 horas de hoxe.
O lume iniciouse ás 16.14 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 80 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 4 técnicos, 24 axentes, 32 brigadas, 28 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 3 avións.
Podes escoitar a entrevista completa coa conselleira de Medio Rural, María José Gómez, aquí:
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.