Tras a Festa dos Callos, Salceda prepárase para a súa tradicional XVII Ruta do Pincho Folk que terá lugar durante o mes de setembro. O evento, que está organizado dende a Concellería de Comercio, realizarase os venres e sábados deste mesmo mes.
En total, 16 establecementos hostaleiros ofrecerán as súas creacións culinarias a un prezo único de 2,50 euros e o horario de participación será de 20 a 23 horas. A maiores, os grupos de gaitas de Salceda serán as encargadas de amenizar a ruta coas súas melodías.
Os establecentos participantes divídense en dous equipos. A metade deles, ofrecerá os seus petiscos os venres, e os outros oito, os sábados. Podes consultar aquí os establecementos e os seus pinchos por día:
Os pinchos do venres:








Os pinchos dos sábados:








As persoas participantes poderán votar en cada establecemento polo mellor pincho, e o Concello entregará posteriormente unha placa distintiva aos dous locais mellor valorados.
Ademais, as persoas que completen a ruta dos 16 establecementos recibirán un agasallo sorpresa por parte do Concello.
Todas aquelas persoas que participen emitindo o seu voto entrarán no sorteo dunha fin de semana de enoturismo na Ribeira Sacra para dúas persoas, un bono para dúas persoas no Palacio da Auga de Mondariz, un lote de viño e embutidos e vales de compra doados pola Asociación de Comerciantes de Salceda (ACISA).
A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, destacou que “con esta proposta xa consolidada cumprimos tres obxectivos: promocionar o comercio local, apoiar os nosos grupos de gaitas e darlle vida ao pobo. Setembro é un mes de comezos e de novos proxectos, e nós queremos apostar pola dinamización da vida social e económica da man da nosa hostalería, con esta iniciativa que ano a ano deixa tan bo sabor de boca”.