O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, explica nos micrófonos de Si Radio cales foron as actuacións dos corpos e forzas de seguridade do Estado no Alto de San Cosme, onde tivo lugar unha manfiestación propalestina. A concentración conseguiu paralizar a chegada de La Vuelta ao Castro de Herville, en Mos.
Ademais, responde as críticas da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, sobre a falta de seguridade na zona. Losada indica que «o que debería facer é deixar de provocar, borrando as bandeiras de Palestina».