A parroquia de Guillarei, en Tui, acollerá durante a celebración das súas festas na honra á Virxe das Dores o Festival Bailarei. O evento terá lugar do venres 19 ao luns 22 de setembro no recinto das festas.
O Festival Bailarei celebra este 2025 a súa terceira edición e a organización vén de desvelar os primeiros artistas que estarán presentes durante a primeira noite da festa.
Deste xeito, os primeiros DJ confirmados e encargadosde dar vida á carpa instalada no torreiro de festas o venres 19 serán JP Alcántara, Gabry D, Rulo e Khris Guez.

