Mércores, Maio 6, 2026
HomeNewsComarcasMondariz acolle a ruta gastronómica Mondarincho con once propostas diferentes

Mondariz acolle a ruta gastronómica Mondarincho con once propostas diferentes

Mondariz prepárase para acoller a segunda edición do Mondarincho, a ruta gastronómica que busca “encher de sabor e ambiente as rúas da vila”. Do 5 de setembro ao 11 de outubro, cada venres e sábado en horario de 20:00 a 22:00 horas, veciñanza e visitantes poderán gozar dunha proposta única de petiscos a prezo reducido de 2,50 € por pincho.

Os establecementos participantes, e os seus pinchos, son os seguintes:

  • Bar Sevilla: Mollejas de polo estofadas con arroz
  • La Mangette: Cabaciño e falda de tenreira galega asados en salsa rustideira
  • O Refuxio: Callos
  • A Mini: Canapé de tartar de atún vermello e mango
  • Casa O Couto: Carrilleras na súa salsa
  • Chiringuito do Ceo: Ceviche de torreznos
  • Asador Ribeiro: Costelas de porco agridoces
  • A Baiuca de Mondariz: Delicia mecha
  • Restaurante-Pizzería O Castelo: Panciño ibérico con marmelada de pemento de Gulán e queixo Tetilla de Arzúa
  • Tapería A Rúa: Timbal de setas con queixo Tetilla
  • Bar Milay: Muslo de polo en salsa Oporto

Cada participante disporá dun pasaporte gastronómico que deberá selar nos locais da ruta. Con seis selos de establecementos distintos, poderá optar aos diversos premios que se sortearán unha vez rematada a edición.

Ademais, o público terá a posibilidade de votar polo seu pincho favorito, recoñecendo o esforzo e a creatividade da hostalaría local.

 O alcalde de Mondariz, Pablo Barcia, anima a toda a veciñanza e visitantes a participar e asegura que “o Mondarincho é unha festa para o padal e unha oportunidade para compartir, apoiar aos nosos locais e gozar xuntos do mellor que temos: a nosa xente e a nosa gastronomía”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS