domingo, diciembre 7, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioNewsActualidadeAs Palilleiras de Mos crean unha peza conmemorativa pola chegada de La...

As Palilleiras de Mos crean unha peza conmemorativa pola chegada de La Vuelta a España

As Palilleiras de Mos, coa colaboración do Obradoiro de Emprego municipal e da empresa Core, presentou hoxe unha peza única e conmemorativa con motivo da chegada de la Vuelta a España a Mos o vindeiro 9 de setembro, cando a etapa 16 da proba ciclista máis importante do país terá a súa meta no alto do Castro de Herville.

A obra, deseñada por Montserrat Pereira, presidenta das Palilleiras de Mos, consiste nunha roda de bicicleta a tamaño real de 70 cm de diámetro elaborada en encaixe de palillos. Trátase dun deseño simbólico, no que a roda se transforma tamén na letra “O” de Mos, acompañada dunha base de vinilo e das letras M e S en madeira, realizadas en colaboración co alumnado do Obradoiro de Emprego “Queda en Mos”.

Podes escoitar a entrevista completa coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, aquí:

A elaboración da peza correu a cargo das palilleiras Josephine Lago, Hilda Troitiño Lois, Montserrat Pereira e Gladys Di Toro, contando tamén coa participación como colaboradoras e principiantes de Martín Villamandos (8 anos), Eva Mallo (Tenerife), Rebeca Castro e María José Castro.

A creación mestura tradición artesanal, simboloxía ciclista e identidade local, converténdose nunha obra orixinal que representa tanto a chegada de La Vuelta 2025 como o orgullo de Mos por acoller un evento deportivo de dimensión internacional.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, subliñou que “esta iniciativa é unha mostra fermosa de como Mos sabe unir o mellor da súa tradición cultural coa súa vocación deportiva e de futuro. Grazas ás nosas palilleiras, á colaboración da empresa Core e do Obradoiro de Emprego, La Vuelta 2025 levará tamén un símbolo do noso talento e da nosa identidade”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS