Mércores, Xaneiro 28, 2026
HomeNewsActualidadeO trío Demasiadas Sombras y Pocas Luces amenizará a I Baixada de...

O trío Demasiadas Sombras y Pocas Luces amenizará a I Baixada de Carrilanas de As Cortellas, en Ponteareas

O Teleclub de As Cortellas, na parroquia pontareá de Padróns, celebra o vindeiro venres 12 de setembro a I Baixada de Carrilanas das Cortellas.

Unha carrilana trátase dun vehículo de madeira, sen motor, que descende por costas impulsadas pola forza da gravidade.

O evento promete ser “unha diversión para toda a familia” e durante o mesmo sortearease un xamón entre os participantes.

A xornada dará comezo ás 20 horas e ao remate da baixada dará comezo o concerto do grupo Demasiadas Sombras y Pocas Luces. O concerto comezará ás 23 horas, aproximadamente e a entrada será de balde.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS