A riqueza natural e cultural da Ribeira do Miño será protagonista este sábado co novo programa que impulsa o GDR Terra e Auga. Esta iniciativa estrearase no municipio de Arbo, na comarca da Parandanta, a través dunha ruta circular. Estará guiada por Nature&Photo-Julio Eiroa e comezará desde a Caballeira de Turbela. Combinará sendeirismo, interpretación paisaxística e gastronomía local.

Todo isto nun contexto no que o propio municipio de Arbo celebra a Festa da Lamprea Seca, declarada de Interese Turístico de Galicia. As prazas son limitadas polo que é necesario realizar una inscripción previa no 654 500 562.
Como é a ruta?
O itinerario incluirá unha visita ao barrio da Estación , entre outros recunchos, antes de regresar ao punto de partida para gozar dunha “experiencia sorpresa” no marco da Festa da Lamprea Seca de Arbo, declarada de Interese Turístico de Galicia.
A ruta ten lugar este sábado 9 de agosto e comezará a partir das 09:30 horas.


