martes, agosto 5, 2025
InicioNewsLuz verde ambiental da Xunta ao proxecto de Ence no municipio...

Luz verde ambiental da Xunta ao proxecto de Ence no municipio das Pontes de García Rodríguez

A Xunta resolveu outorgar a autorización ambiental integrada (AAI) ao proxecto que a empresa Biofibras de Galicia -firma dependente do grupo Ence– quere desenvolver no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez, poñendo fin así á tramitación ambiental desta iniciativa empresarial. 

A resolución emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia co que, superado este fito, o expediente volverá á Consellería de Economía e Industria, como órgano substantivo, encargado de tramitar o conxunto do proxecto e de autorizalo en última instancia. Ademais encargarase de velar, en caso de saír adiante, polo cumprimento das exixencias ambientais recollidas tanto nos distintos informes sectoriais como na propia declaración de impacto ambiental (DIA) e no plan de vixilancia ambiental que é de aplicación ao proxecto.

Con este novo paso -froito da análise de media ducia de informes de distintos departamentos implicados e da propia DIA- avánzase na tramitación da iniciativa empresarial para implantar unha fábrica de pasta de papel reciclada, e as súas infraestruturas auxiliares, coa que producir pasta branqueada a partir de papel e cartón recuperado ou de residuos de papel e cartón. 

Onde se instalará?

As instalacións estarán localizadas no que era o parque de carbóns da central térmica das Pontes de García Rodríguez e nela realizaranse dous procesos -a reciclaxe de papel e cartón e a fabricación da pasta de celulosa- coa finalidade de obter unha produción de arredor de 100.000 toneladas ao ano.

Este trámite complétase despois de que en maio a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático emitise a DIA favorable, condicionada ao cumprimento das exixencias recollidas tanto nos distintos informes sectoriais emitidos sobre o seu impacto como na propia DIA co fin de minimizar e compensar os posibles efectos na contorna. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS