viernes, diciembre 26, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioComarcasLouriñaPorriño avanza no saneamento en Budiño coa conexión de 29 vivendas e...

Porriño avanza no saneamento en Budiño coa conexión de 29 vivendas e o colexio

O proxecto de conexión á rede de saneamento do Picouzo conta cun orzamento base de preto de 350.000 euros

A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Ramón Porto, vén de sacar a licitación o proxecto de saneamento para o núcleo de Picouzo, na parroquia de Budiño.
“O proxecto contempla a conexión da zona coa rede xeral de abastecemento e saneamento para o cal se instalarán catro grandes colectores de 542, 404, 370 e 1.010 metros máis colectores de sección de tramos que suman preto de 2 quilómetros máis de tubaxes”, explicou Porto.
“Esta é unha actuación importante, xa que permitirá conectar á rede 29 vivendas e o colexio de Budiño, o que supón que beneficiará máis dun centenar de veciños e veciñas”, explicou o alcalde Alejandro Lorenzo. “Pero non é a única. No Porriño gran parte da veciñanza non dispón aínda de conexión á rede de saneamento pese a ter dereito a este servizo. Por iso elaboramos unha planificación global para poder avanzar dun xeito máis eficaz cara a execución total da rede. Reafirmo o meu compromiso, é unha cuestión prioritaria”.
A obra conta cun orzamento base de 347.953,20 euros. O prazo para a presentación de ofertas está aberto ata o 21 de novembro e conta cun prazo de execución de tres meses desde a súa adxudicación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS