lunes, agosto 4, 2025
InicioNewsActualidadeDani Fernández completa o cartel do Galicia Fest, o novo festival de...

Dani Fernández completa o cartel do Galicia Fest, o novo festival de música que se celebra en Vigo

O peirao de trasatlánticos de Vigo acollerá o 29 e 30 de agosto a primeira edición do Galicia Fest, o evento que se define como o novo festival indie pop de confección urbana do sur de Galicia.

O cartel completo foi desvelado esta mañá nas redes sociais do festival, deixándose descuberto o último nome que faltaba por coñecerse da programación. Dani Fernández actuará o venres 29 de agosto como unha das cabezas máis representativas do evento.

O alcazareño fará vibrar aos e ás asistentes ao ritmo dos seus temas máis recoñecidos como: Bailemos, Me has invitado a bailar o Todo cambia. Xunto a el, Leire Martínez, Mikel Izal, Maldita Nerea ou Beret, entre outros, completan o elenco do festival.

Aínda hai entradas dispoñibles e poden ser mercadas na páxina web do Galicia Fest.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS