lunes, agosto 4, 2025
InicioConcellos +A CañizaPonteareas, Tui ou Salvaterra, entre os concellos situados en alerta vermella debido...

Ponteareas, Tui ou Salvaterra, entre os concellos situados en alerta vermella debido ao episodio de calor

O Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde sitúa en nivel vermello os concellos das zonas isoclimáticas do Miño de Pontevedra e de Valdeorras, en Ourense.

Ademais, os concellos das Rías Baixas, que se corresponden coas zonas isoclimáticas do suroeste da Coruña e do litoral de Pontevedra, están en nivel laranxa.

Así, da provincia de Pontevedra sitúanse en alerta vermella os concellos de Arbo, Crecente, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, O Porriño, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui.

No caso da provincia de Ourense, os concellos afectados son O Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras.

Por outra banda, os concellos situados en nivel laranxa son, na Coruña, os municipios de Boiro, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois; e en Pontevedra os concellos de Barro, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Catoira, Gondomar, O Grove, A Illa de Arousa, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Pontevedra, Portas, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, Redondela, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Valga, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía Arousa, Vilanova de Arousa.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS