lunes, agosto 4, 2025
InicioNewsActualidadeO Porriño organiza unha viaxe gratuíta a Ribadeo para coñecer o legado...

O Porriño organiza unha viaxe gratuíta a Ribadeo para coñecer o legado do indiano Ramón González

O Concello de O Porriño anuncia a organización dunha excursión cultural de balde para o próximo 12 de agosto destinada ás persoas maiores de 52 anos, coa finalidade de fortalecer os lazos históricos, culturais e emocionais que unen O Porriño coa vila de Ribadeo e a cidade de Mondoñedo.

A saída realizarase en autocar desde o Pavillón Municipal de Deportes, e o percorrido inclúe a visita á vila mariñeira de Ribadeo, onde os participantes poderán coñecer o seu rico patrimonio histórico e cultural. Tras un xantar de confraternidade, a xornada continuará coa visita aos principais puntos de interese da histórica cidade de Mondoñedo, incluíndo a entrada á súa emblemática catedral.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, destaca que «esta viaxe é un recoñecemento ao legado de Ramón González, un indiano que, dende a súa terra natal, axudou de maneira decisiva ao desenvolvemento de O Porriño. Reforzar esta ligazón cultural e emocional con Ribadeo é unha maneira de poñer en valor a nosa historia común».

Pola súa parte, a concelleira de Turismo, Vanessa Ucha, sinala que «desde o Concello apostamos por promover actividades culturais e viaxes que permitan ás nosas veciñas e veciños descubrir a historia compartida, coñecer novos lugares e vivir experiencias enriquecedoras que reforcen o sentimento de comunidade».

O número de prazas está limitado a 50 participantes, e o prazo de inscrición abrirase o próximo xoves, 7 de agosto. A inscrición realizarase exclusivamente de forma presencial no Rexistro do Concello, respectando a orde rigorosa de chegada.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS