sábado, agosto 2, 2025
InicioNewsInvestigan se a morte da muller do Porriño, na Avenida de Galicia,...

Investigan se a morte da muller do Porriño, na Avenida de Galicia, foi por asfixia

Están abertas todas as hipóteses. A Garda Civil investiga a causa do falecemento dunha muller que atoparon este venres, 1 de agosto, nunha vivenda do Porriño, na Avenida de Galicia. Nun primeiro momento, todo apuntaba a que se trataba dunha morte violenta posto que tiña diferentes signos de asfixia, entre outras cuestións. Con todo, fontes próximas ao caso explican ao equipo de informativos de Si Radio que non se pode descartar unha causa natural.

Foi a partir das 11:15 horas cando o 112 Galicia recibiu o aviso dunha particular, alertando que se atopara a corpor dunha muller na vivenda. Segundo diferentes fontes, trataríase dun piso no que se practica a prostitución. A muller falecida tiña 53 anos, era natural do Val Miñor e non estaba censada no municipio do Porriño. No lugar personáronse equipos de emerxencia, Garda Civil e Policía Local, que constataron o facelecemento da muller.

Os veciños e as veciñas din non coñecer á muller aínda que no edificio onde unha amiga atopou o seu cadaver indicaron a Si Radio que nunca escoitaran un altercado no seu piso. A vivenda estaba en réxime de aluguer.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS