Sábado, Febreiro 7, 2026
HomeNewsO PaísOs axentes lembran que o maquinista se inculpou do accidente

Os axentes lembran que o maquinista se inculpou do accidente

Os policías que investigaron o sinistro do tren Alvia, en Angrois, relataron no xuízo, autoculpábase do sucedido reiteradamente, polo exceso de velocidade e por terse despistado de a que altura do traxecto estaba.

O maquinista e acusado Francisco José Garzón Amo dixo ata en tres ocasións “fodina” e que estivera circulando “a 190 quilómetros por hora”.

Ao preguntarlle que pasara, a súa resposta foi esa: “fodina”. Despois falou da velocidade e enseguida preguntou se había feridos.

Un dos policías que o custodiou no seu traslado ao hospital destacou que outras das frases do maquinista, xurdidas de maneira espontánea, foron: “Miña nai, o que fixen”, “Oxalá me pasase a min”, e á parte que se despistou, “perdín as referencias”.

Ocultación de información

A análise dos rexistros telefónicos deu a coñecer a chamada que mantiveron o maquinista e o interventor do tren instantes antes do descarrilamento. Ata entón o interventor negou a existencia da chamada.

Tampouco fixera referencia á chamada o maquinista, e o garda de seguridade privada que ía no tren negouse a falar do asunto.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS