martes, julio 29, 2025
InicioNewsA Xunta declara o Nivel 2 no incendio de Pesqueiras, en Salvaterra,...

A Xunta declara o Nivel 2 no incendio de Pesqueiras, en Salvaterra, pola proximidade á poboación de Castelo

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño, parroquia de Pesqueiras. Vén de decretarse a Situación 2 como medida preventiva. Esta situación operativa de emerxencia declárase pola proximidade do lume ao núcleo de poboación de Castelo.

O incendio iniciouse ás 15.45 horas de hoxe e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de 12 hectáreas. Polo de agora mobilizáronse para a súa extinción 1 técnico, 3 axentes, 10 brigadas, 4 motobombas, 2 pas, 7 avións e 7 helicópteros.

Caída do sumnistro eléctrico

Así, o incendio que rexistra o municipio de Salvaterra de Miño desde esta tarde continúa activo. De feito, o Concello vén de emitir un comunicado no que indica que debido ao lume «o subminsitro eléctrico está cortado e por iso pedimos que se restrinxa o uso da auga nas vindeiras horas para poder atender ás demandas de auga do incendio».

Segundo puido saber Si Radio, o suministro eléctrico non caiu en todo o municipio posto que parroquias como Alxén si teñen luz ao igual que o centro da localidade.

Agora, o Concello indica que os esforzos se centran en bombear auga desde a zona do Cordeiro, onde si hai electricidade, co obxectivo de dar cobertura aos efectivos na extinción do lume.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS