Baiona celebrará mañá, venres 18 de xullo, a segunda velada músico-literaria do verán da man do grupo «Vala-BRASS». O evento dará comezo ás 20:00 horas.
O grupo, fará soar esta vez os instrumentos de vento mental nos xardíns da Casa-Museo da Navegación de Baiona. Trátase dun quinteto de recente creación, composto por músicos que pertencen á Unión Musical de Valadares, en Vigo. A vocación da formación, artística e divulgativa, aspira a contribuír a enriquecer a vida cultural da localidade.
Nesta ocasión, será o xornalista e realizador baionés Gerardo Collazo, autor de varios libros como «Os anos sen dono» ou «Agarimo», quen se encargará da lectura da selección de textos.
