Venres, Xaneiro 23, 2026
HomeNewsComarcasA Piscina Municipal de Mondariz reabre as súas portas tras "sufrir un...

A Piscina Municipal de Mondariz reabre as súas portas tras “sufrir un acto de vandalismo”

A pisicina municipal ao aire libre de Mondariz xa está aberta, de novo, ao público. As instalacións volven a estar operativas despois de permanecer pechada por mor dun acto de vandalismo, tal e como explican desde as redes sociais do propio Concello. A administración local afirma que “se traballou intensamente nas tarefas de limpeza e posta a punto para que as instalacións estivesen en perfectas condicións” para o seu desfrute.

A decisión de manter a piscina pechada durante 24 horas debeuse a que “por desgraza, alguén decidiu facer una cto de vandalismo sen pensar nas consecuencias, prexudicando a todos os veciñso e as veciñas”. Neste contexto, desde o Concello agradecen “a paciencia e compresión da cidadanía“, subliñando o compromiso por “ofrecer as mellores instalacións e garantir a seguridade e o benestar de todos”.

Deste xeito, os veciños e as veciñas de Mondariz xa poden gozar de novo do bo tempo na piscina ao aire libre municipal de Mondariz e aliviar as altas temperaturas desta semana cun “chapuzón”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS