domingo, diciembre 7, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioComarcasBaixo MiñoFalece un motorista no Rosal nun acidente contra un coche que se...

Falece un motorista no Rosal nun acidente contra un coche que se deu a fuga

Traxedia no municipio do Rosal. Un motorista faleceu nesta localidade da comarca do Baixo Miño, na parroquia de Eiras, nun acidente no que se mirou implicado un turismo. O coche deuse á fuga logo do suceso. Ata alí desprazaronse as Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os efectivos do GES da Guarda e axentes da Garda Civil de tráfico así como de Protección Civil e os Bombeiros do Baixo Miño.

Segundo explican desde o 112 Galicia, testemuñas do accidente explicaron que o outro vehículo «continuou a marcha». Emerxencias tivo constancia do suceso sobre as 16:40 horas e malia os esforzos do equpo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, non puideron salvarlle a vida á persoa que circulaba na moto.

Agora, os efectivos do equipo da Garda Civil investigan o paradero do conductor que manexaba o vehículo no que se deu a fuga.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS