miércoles, julio 16, 2025
InicioNewsActualidadeAtopan o corpo sen vida dunha persoa flotando ao carón dun barco...

Atopan o corpo sen vida dunha persoa flotando ao carón dun barco envorcado en Moaña

As forzas da orde investigan as circunstancias do suceso ocorrido esta mañá na praia de Borna, no municipio pontevedrés de Moaña. Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia arredor das 9:15 horas, ao observar unha embarcación de recreo envorcada na zona e, ao seu carón, unha persoa aboiando.

De inmediato, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informou ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local de Moaña e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Tanto Salvamento Marítimo como o Servizo de Gardacostas e a Garda Civil desprazáronse ao lugar con medios de rescate que, ao chegar, só puideron confirmar o falecemento da persoa localizada.

Nestes momentos, continúase coas tarefas de investigación para determinar as causas do suceso e descartar que houbese máis persoas implicadas. A embarcación xa foi remolcada a terra.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS