O Patronato Municipal Monte Tegra ofrece visitas guiadas gratuítas ao Castro de Santa Tegra diarias, de martes a domingo, durante os meses de xullo e agosto . Ademais, non é preciso inscrición previa.
As visitas teñen unha duración de 45 minutos e o punto de partida é no Parking da Casa Forestal. Os horarios dispoñibles durante os meses de xullo e agosto son polas mañás ás 12:00h horas e ás 13:00 horas; e polas tardes ás 18:00 horas e ás 19:00 horas.
No caso de grupos organizados, é preciso contactar previamente co MASAT a través do teléfono 690 017 038 ou no correo electrónico masat@aguarda.es.
Durante o mes de setembro, haberá visitas guiadas e gratuítas únicamente os sábados e domingos en horario de mañá ás 12:00 horas.
