martes, julio 15, 2025
InicioNewsActualidadeTui substitúe máis de 200 luminarias do municipio co fin loitar contra...

Tui substitúe máis de 200 luminarias do municipio co fin loitar contra o cambio climático

O Servizo Eléctrico do Concello de Tui vén de completar a substitución de 238 luminarias das que 139 están situadas entre a Ponte de Magnolia en Rebordáns e a rotonda que da acceso a autovía A55 en Alvelos, Guillarei na N-550. Mentres outras 83 luminarias foron substituídas no tramo da PO-3034 entre a Sombraboa e Matelo en Randufe. As 30 restantes cambiáronse nas rúas Compostela, Maristas e no tramo da rúa Casal Aboy comprendido entre estas dúas rúas.

O respecto polo medio ambiente e a loita contra o cambio climático reducindo os gases de efecto invernadoiro que se emiten á atmosfera foron parte dos obxectivos do cambio das luminarias realizado nos accesos ao centro urbano dende Randufe e Guillarei, así coma nas céntricas rúas Compostela, Casal Aboy e Maristas.

Con esta actuación, déixanse de emitir máis de 51,46 toneladas de CO2 a atmosfera ao pasar das lámpadas de vapor sodio á tecnoloxía led. Este cambio conleva amais un aumento na seguridade nestas zonas ao contar cunha iluminación máis eficiente.

Tamén se produce un importante aforro enerxético de 144.000 kWh/ano, o que se estima serán 17.200 euros anuais, ao que se suma a maior vida útil das lámpadas led, entre 50 mil e 100 mil horas, fronte as 12 mil horas das lámpadas de vapor de sodio.

O investimento realizado acada os 61.417,18€ de fondos propios con cargo aos orzamentos de 2024.

O Concello de Tui continúa a traballar para reducir nun 40% a emisión de gases de efecto invernadoiro até 2030, tal e coma figura no PACES – Plan de Acción por el Clima y la Energía Sostenible , do que Tui forma parte.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS