lunes, julio 14, 2025
InicioNewsActualidadeNace en Ponteareas o Catavento Garden Gastro da man dos creadores de...

Nace en Ponteareas o Catavento Garden Gastro da man dos creadores de A Xanela Gastronómica

Os creadores do mítico restaurante de cociña creativa, A Xanela, anuncian a súa reapertura tras permanecer pechados dende o pasado mes de decembro de 2024. Esta vez, segundo anunciaron nas súas redes sociais, rexurden nun formato estival e refrescante á beira do río co proxecto Catavento Garden Gastro.

A Xanela Gastronómica nace en 2015 baixo a dirección de Ángel Martínez «GELO» e Víctor Otero, dous amigos e cociñeiros que buscaban crear un espazo no que poder plasmar os seus coñecementos e amor pola cociña na súa vila natal.

Así, durante anos de formación xuntos e experiencias laborais por separado, deciden montar un restaurante entre ambos. Así nace o restaurante A Xanela Gastronómica, que durante case dez anos foi o refuxio de moitos e moitas pontareás e de persoas de toda a comunidade que se achegaban a probar a súa peculiar e elaborada oferta gastronómica.

O restaurante conta con varios recoñecementos, como a mención na Guía Michelín ou en La Alacena Roja a «establecemento recomendado».

Agora volven neste novo formato, o Catavento Garden Gastro, nunha contorna única xunto ao río Tea. O novo espazo ubícase na contorna dun antigo muíño, obra realizada polo ilustre arquitecto Antonio Palacios en torno a 1920.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS