O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución de Turismo de Galicia que fixa e regula o proceso para a obtención dos bonos turísticos de este ano.
Así, comeza o procedemento para a posta en circulación de máis de 16.000 bonos que se poderán desfrutar en diferentes establecementos e servizos turísticos da comunidade galega entre o 15 de setembro e o 25 de decembro deste ano 2025.
Como conseguir o bono
Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga a partir das 9:00 horas do 18 de xullo ata o vindeiro 19 de decembro de 2025 na páxina web www.bonoturismo.gal.
Cada persoa poderá acceder a un máximo de dous bonos, que serán cada un dun importe de 150 euros, cofinanciados nun 40% pola Xunta de Galicia e nun 60% polas persoas solicitantes. Deste modo, os usuarios e usuarias deberán aboar 90 euros por cada bono, sendo 180€ en caso de que accedan aos dous máximos permitidos.
Os establecementos e locais participantes poderán consultarse na páxina web da Xunta de Galicia. Os bonos serán descargados en formato QR.
Desestacionalizar o turismo
Con esta iniciativa, a Xunta de Galicia pretende incentivar a desestacionalización da comunidade mediante a cofinanciación de estancias e actividades, prolongando así a actividade turística fora de tempada e dinamizando a economía e o emprego do sector.
En total, a Xunta invirte nesta edición 1M€, a través dos que se agarda movilizar ata un total de 2,5M€ no sector durante o outono.