lunes, julio 14, 2025
InicioNewsActualidadeMos mellorará a eficiencia enerxética do edificio da Policía Municipal

Mos mellorará a eficiencia enerxética do edificio da Policía Municipal

O Concello de Mos vén de recibir unha subvención por importe de 29.956,95 € da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, a través da convocatoria do Fondo de Compensación Ambiental 2025, para a execución do proxecto titulado “Mellora da eficiencia enerxética no Edificio da Policía Municipal do Concello de Mos”. Este proxecto, cun custo subvencionable total de 39.942,60 euros, conta cunha aportación municipal do 25 % (9.985,65 euros).

Esta actuación enmárcase na mellora da eficiencia enerxética das instalacións e edificios municipais e utilización de enerxías renovables, incluíndo accións como o aillamento en cubertas e fachadas, renovación de xanelas e acristalamentos con boas características térmicas, entre outras.

Deste xeito, a execución destas melloras permitirá reducir de forma significativa o consumo enerxético, cunha menor demanda de calefacción e refrixeración; diminuír o impacto ambiental, grazas á redución de emisións de CO₂; mellorar a habitabilidade e o benestar do persoal, creando un espazo de traballo máis confortable e eficiente; prolongar a vida útil do edificio, evitando filtracións ou deterioracións estruturais.

Ademais, a actuación tamén terá un impacto positivo na atención ao público, ofrecendo maior confort térmico, tanto para cidadanía como para o persoal; redución do ruído exterior, grazas á instalación de xanelas con illamento acústico; mellora na seguridade e accesibilidade, con novas portas e xanelas adaptadas e sistemas de maior protección; ou o incremento da iluminación natural, contribuíndo a un ambiente máis agradable e saudable, que transmite sensación de transparencia e proximidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS