jueves, julio 10, 2025
InicioNewsActualidadePonteareas vibra con Dakidarría e O Porriño emociona con Roi Casal con...

Ponteareas vibra con Dakidarría e O Porriño emociona con Roi Casal con concertos gratuitos este venres

A música galega ten unha cita ineludible este venres en Ponteareas e tamén no Porriño. E é que o grupo Dakidarría, un dos referentes nos festivais en Galicia, ofrecerá un concerto de balde no parque ponteareán da Feira Vella a partir das 23:00 horas e o cantante Roi Casal levará a súa música ata o Barrio de San Bieito do Porriño ás 22:30 horas. As dúas citas terán lugar este venres 11 de xullo.

Dakidarría: Vinte anos de traxectoria e fusión musical

Dakidarría é coñecido por contar cun gran número de seguidores e por ser un habitual dos festivais. Tras vinte anos de traxectoria, a banda tocará en Ponteareas para ofrecer un show musical no que fusiona diversos estilos musicais coma o rock, reggae ou hip-hop.

Roi Casal no Porriño

Nesa mesma xornada, a Deputación tamén leva un concerto de Roi Casal ao Barrio de San Bieito do Porriño ás 22:30 horas. Roi Casal, recoñecido como un dos grandes expoñentes da actual música galega a nivel internacional, ofrecerá sobre o escenario do Porriño as súas recentes producións en Estados Unidos xunto aos seus grandes éxitos. Será o venres este 11 de xullo.

+ Música

O concerto de Roi Casal e Dakidarría son dúas das 78 actuacións de +Música que se celebrarán entre os meses de maio e decembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Este programa provincial ten un orzamento de 700.000 euros, 100.000 euros máis que na pasada edición, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel. A través de +Música, a institución provincial aposta pola descentralización da cultura e a programación de actos culturais de calidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS